II Xornadas de Portas Abertas

Queres vir probar a adestrar con nós? A semana do 11 ao 16 de setembro teremos as II Xornadas de Portas Abertas: durante a semana, de 17:50 a 18:50 nas pistas da USC, e o sábado 16 pola mañá na área deportiva de Milladoiro. A actividade está aberta a nad@s a partir de 2016 e anteriores.

Por motivos de aforo, precisamos que cubrades o seguinte formulario de rexistro indicando os días que queredes participar:

INSCRICIÓN XORNADAS DE PORTAS ABERTAS – setembro 2023

IX Campus de Iniciación ao Atletismo MillaRaio – Quenda de setembro

O IX Campus de Atletismo MillaRaio celebrarase na zona deportiva do Milladoiro, en dúas quendas:

QUENDA 1: 22-23 e 26-30 de xuño:
8:30-14:30 (chegada: entre 8:30 e 9:00, recollida entre 14:00 e 14:30).
QUENDA 2: 1 e 4-8 de setembro:
8:30-14:30 (chegada: entre 8:30 e 9:00, recollida entre 14:00 e 14:30).

O campus está aberto a nen@s nad@s entre 2016 e 2010 (ambos incluídos).

Concibido como ferramenta para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en épocas non lectivas, ofrece aos atletas moz@s do Club a posibilidade de minimizar a perda de contacto co deporte durante as vacacións. Para pequen@s de fóra do Club, é unha opción para ter unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dunha forma lúdica.

A semana anterior ao inicio de cada quenda enviaranse os horarios detallados de actividades do campus, que se adaptarán en función da climatoloxía.   Podedes consultar aquí a circular informativa completa: BASES CAMPUS MILLARAIO

Na seguinte ligazón podedes facer a inscrición ata o 16 de xuño (1ª quenda) e 24 de agosto (2ª quenda), con prezo reducido se se fai antes do 5 de xuño e 18 de agosto respectivamente:

FORMULARIO INSCRICIÓN CAMPUS

Para formalizar a inscrición, unha vez recibida a confirmación da mesma, débese enviar o xustificante de pago e o seguinte documento de consentimento asinado (Consentimento) a millaraio@gmail.com

Para calquera consulta, dirixirse a millaraio@gmail.com

I Xornadas de portas abertas

Queres vir probar a adestrar con nós? Como complemento a actividade do Campus de Iniciación ao Atletismo, ofrecemos a rapaces e rapazas máis maiores a posibilidade de vir adestrar ás pistas da USC os días 21, 26 e 28 de xuño, en horario de 18:00 a 19:30. A actividade está aberta a nad@s en 2011 ou anos anteriores.

Por motivos de aforo, precisamos que cubrades o seguinte formulario de rexistro indicando os días que queredes participar:

INSCRICIÓN XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Convocatoria Asemblea Extraordinaria

Finalizado o prazo de presentación de candidaturas á presidencia do Club Atletismo MillaRaio, convócase a Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as que terá lugar o 4 de maio de 2023 ás 20:30 h en primeira convocatoria e ás 21:00 h en segunda convocatoria, no Pazo da Peregrina (Bertamiráns) – Sala de Exposicións (1º andar), coa seguinte orde do día:

  1. Proclamación como Presidenta do Club Atletismo MillaRaio da única candidata que concorreu ás eleccións, dona Ana Albán Salgado.

Convocatoria de Eleccións á Presidencia do Club

Benqueridas/os socias/os:

Na reunión da Xunta Directiva celebrada o 29 de Marzo de 2023, por unanimidade, acordouse convocar eleccións á Presidencia do Club Atletismo MillaRaio, por transcurso do prazo de catro anos desde que foi proclamada a actual Presidenta, sendo a data das eleccións o día 4 de maio de 2023, entre as 18:00 e as 20:00 horas, celebrándose as votacións no Pazo da Peregrina (sala de exposicións, 1º andar) en Bertamiráns.

Podedes consultar o texto íntegro da convocatoria e o regulamento electoral no seguinte documento: Convocatoria Eleccións

Sendo requisito para a validez das candidaturas á Presidencia do Club a aportación do aval do 10% das/dos socias/os, proporcionamos un modelo orientativo de aval: Modelo_Aval

Xornada de portas abertas

O próximo sábado día 17 de setembro teremos xornada de portas abertas para que poidades vir probar a actividade. Teremos horarios para todas as categorías, no espazo de adestramento de Biduido, detrás do colexio de Ventín (Ubicación Biduido).

Os horarios para cada grupo, segundo os anos de nacemento, son os seguintes:

9:30 a 11:00 – sub16 e superiores (2009-08-07-06-05-04)

10:45 a 12:15 – sub14 (2010-11)

12:15 a 13:30 – sub12-sub10-sub8 (2012-13-14-15-16)

Día do Deporte 2022

O venres 16 de setembro celébrase o Día do Deporte no Concello de Ames. O club estará presente de 18:00 a 20:00 na pista deportiva exterior xunto á Casa da Cultura de Milladoiro. Animamos a participar a todos e todas os/as que queiran achegarse ao atletismo e coñecer o noso club.

VIII Campus de atletismo MillaRaio

O VIII Campus de atletismo celebrarase finalmente entre os días 1 e 8 de setembro na zona deportiva de Milladoiro. O campus está aberto a nen@s nad@s entre 2015 e 2009 e terá lugar en horario de mañá, salvo o último día (8 de setembro), no que coincidindo co inicio do curso escolar trasladarase a horario de tarde. A hora de inicio de mañá será a partir das 8:30 ata as 9:00, e o horario de recollida entre 14:00 e 14:30.

Concebido como ferramenta para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral en épocas non lectivas, o campus ofrece aos xoves atletas do Club a posibilidade de ir retomando a actividade e o contacto c@s compañeir@s logo das vacacións. E para pequen@s de fóra do Club, é unha opción para ter unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dunha forma lúdica.

A semana anterior ao inicio enviaranse os horarios detallados de actividades do campus, que se adaptarán en función da climatoloxía.   Podedes consultar aquí a circular informativa completa: BASES CAMPUS MILLARAIO

Na seguinte ligazón podedes facer a inscrición ata o 22 de agosto:

FORMULARIO INSCRICIÓN CAMPUS

Para formalizar a inscrición, unha vez recibida a confirmación da mesma, débese enviar o xustificante de pago e o seguinte documento de consentimento asinado (Consentimento) a millaraio@gmail.com

Para calquera consulta, dirixirse a millaraio@gmail.com

Nuno Castro, subcampión de España sub14

No Campionato de España Sub14 Individual celebrado en Sevilla o 29 e 30 de maio, Nuno Castro proclamouse subcampión no triatlón B cun total de 1.402 puntos, a 58 puntos do primeiro posto. Empezou a xornada noveno e no lanzamento de xavelina acadou os 39,79 metros, pulverizando a súa MMP para obter a medalla de prata.

Os outros tres atletas do club clasificados para este campionato tamén brilaron, rematando David Moreno 16° no triatlón E con 877 puntos, Nadir Moreira 21° con 840 puntos tamén no triatlón E, e Jorge García 22° no triatlón C con 806 puntos. Espectacular rendemento da nosa expedición, comandada polo adestrador João Paulo Fernández.

Todo isto é posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña (https://www.dacoruna.gal) e á colaboración de Addomo Arquitectura Modular, Rueiro Centro de Salud Dental, Tómate más fruta, Borboriño Xeados, Córpore 360 , BJ Trainers, Panadería Xallas e 吴彩萍 (Center Paloma Milladoiro).

Campionato de Galicia Máster en Pista Aire Libre

Celebrouse en Pontevedra o 30 de maio o XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en Pista ao aire libre con dobre participación do club, e un total de 3 medallas para os nosos atletas máster: prata para David López en salto de altura M45 superando o listón en 1,54 m, e prata tamén en pértega M45 (2,60 m). Bronce para Puri Cariñena nos 100 metros lisos F45 cun tempo de 15.48, sendo cuarta nos 400 metros.

Coa colaboración de Addomo Arquitectura Modular, Rueiro Centro de Salud Dental , Tómate más fruta , 吴彩萍 (Center Paloma Milladoiro), Córpore 360Borboriño Xeados, BJ Trainers, Panadería Xallas

Récord de participación do club no Campionato de España Individual Sub14

Por primeira vez, 4 atletas sub14 do club están clasificados para oCampionato de España Individual desta categoría. O MillaRaio será o club con máis participacións da comunidade galega nesta edición, que terá lugar en Sevilla. No triatlón B (1000m, salto de lonxitude e lanzamento de xavelina) participará Nuno Castro Albán, quen se clasificou na sexta posición dos 24 admitidos. No triatlón C (80m, salto de altura e salto de lonxitude) participará Jorge García Guerra. E no triatlón E (80m, lanzamento de xavelina, e 2000m marcha) participarán David Moreno Martín e Nadir Moreira Gómez.

Agradecemos o apoio da Deputación da Coruña (https://www.dacoruna.gal/portada/) para a participación nas competicións nacionais, e aos nosos colaboradores desta tempada: Addomo Arquitectura Modular, Tómate más fruta, Rueiro Centro de Salud Dental, 吴彩萍 (Center Paloma Milladoiro), Borboriño Xeados, BJ Trainers, Panadería Xallas e Córpore 360.

Mínima de Salomé Segade para o Campionato de España Sub18

A marchadora Salomé Segade conseguiu a marca mínima nos 5000m marcha para o LXX Campionato de España Sub18 que se celebrará en Huelva os días 24 e 25 de Xullo. Participando como filial no XXXVII Campionato de Galicia de Clubs Sub20 nas filas do Club Atletismo Santiago, parou o crono en 25:51.81, gañando así a proba dos 5.000 metros marcha.

Tamén contribuiron ao sexto posto por equipos femininos e terceiro global do CAS as nosas atletas Paula Dobato, cuarta na súa estrea no salto con pértega superando o listón nos 2,10 metros, e Laura Barbazán que non tivo o seu día no lanzamento de martelo, pero desfrutou da excelente experiencia.

O equipo sub16 masculino, campión de Galicia de Clubs

O equipo Sub16 masculino proclamouse vencedor no XXVII Campionato de Galicia de Clubs Sub16 disputado nas pistas do CGTD de Pontevedra o 22 de maio, destacando entre os oito mellores equipos galegas con 97 puntos. Impresionante rendimento do equipo, con destacadas actuacións individuais: 5 primeiros postos, 2 segundos e 2 terceiros.

Foron primeiros nas súas probas Alejandro Jiménez nos 300 metros, Yago Iglesias (filial da SD Compostela Atletismo) nos 3.000 metros, Noel Ferraces no salto de altura, e doblete de Alfonso Labella nos lanzamentos de martelo e xavelina. Segundos postos para para Alejandro Jiménez no salto de lonxitude e Pablo Cariñena no lanzamento de disco. Terceiros, Lucas Dagnac no triplo salto e Diego Fagúndez no seu debut na durísima proba dos 5.000 metros marcha. Lucas Pena foi cuarto nos 1.500 metros obstáculos, Álvaro Francos cuarto no salto con pértega e Pablo Leiva tamén cuarto no lanzamento de peso. Nas restantes probas, Pablo Cariñena foi 7° nos 100 metros, Hugo Santos 6° nos 600 metros, Lucas Dagnac 5° nos 1.000 metros, Álex Cabo 5° nos 100 metros valados e Lucas Lesmes 6° nos 300 metros valados.

Por unanimidade, os membros do equipo elixiron a Diego Fagúndez, para que os representase no mais alto dun podio restrinxido pola normativa COVID a un só atleta.

Graciñas coma sempre aos nosos colaboradores Addomo Arquitectura Modular, Tómate más fruta, Rueiro Centro de Salud Dental , 吴彩萍 (Center Paloma Milladoiro), Borboriño Xeados , BJ Trainers, Panadería Xallas e Córpore 360

Segunda sesión técnica do sector de lanzamentos

O sábado 15 de maio tivo lugar nas instalacións de Bastiagueiro a segunda sesión técnica do sector de lanzamentos da FGA, na que participou o atleta sub14 do club Nuno Castro, na modalidade de xavelina. Unha xornada moi ben aproveitada a pesar da choiva.

Alfonso Labella acada a mínima para o Campionato de España sub16 en martelo

O atleta sub16 Alfonso Labella lanzou o martelo ata os 48,82 metros durante a celebración da 4ª xornada da Copa Deputación de Lugo o domingo 9 de maio, acadando a mínima para o XX Campionato de España Sub16 que se celebrará en xullo en Lleida.

Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por Clubes

A fin de semana do 8-9 de maio o club participou no Campionato Xunta de Galicia de Probas Combinadas por Clubes (sábado e domingo en Pontevedra) con tres atletas da categoría sub16, aínda que finalmente non logrou entrar na clasificación final pola indisposición dun dos tres atletas que formaban o equipo (Alejandro Jiménez, que tivo que abandonar logo da primeira xornada), pero os restantes compoñentes (Álex Cabo e Álvaro Francos) finalizaron a competición individualmente conseguindo ambos melloras nas súas marcas.

Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta, A Pobra (8 de maio)

Excelentes resultados para o Club Atletismo MillaRaio no Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta celebrado en A Pobra de Caramiñal o sábado 8 de maio. Ouro para Salomé Segade nos 5km sub18, e para David Moreno nos 2km sub14, compartindo podio con Nadir Moreira que foi bronce. Bronce tamén para Manuel Labella nos 10km sub18, e prata para María Bandín en 1km sub10. Ademais, cuarto posto para Tomás Bandín nos 2km sub12, e sétimo para Carla Matos. Mágoa as descalificacións de Gabriel Novo e Eva Ojea, que servirán para aprender e mellorar de cara a próxima competición.

Salomé Segade, 5km marcha sub18
David Moreno e Nadir Moreira, 2km marcha sub14
María Bandín, 1km marcha sub10
Manuel Labella, 10km marcha sub18


Control de marcas 2 de maio de 2021

Deixámosvos aquí o álbum de fotos do Control de marcas organizado por Club Atletismo MillaRaio, Club Atletismo Noia e Club Atletismo Fontes do Sar o 2 de maio nas pistas de San Lázaro do Concello de Noia

https://www.facebook.com/media/set?vanity=clubatletismo.millaraio&set=a.3973547926072126

Campionato de Galicia sub12 e sub14 en Pista Cuberta – 2021

Nova xornada de competición moi desfrutada pol@s atletas do club. Participaron neste campionato 3 atletas da categoría sub12 e 10 da categoría sub14. Moitas melloras nas marcas, e catro medallas, con dous campións de Galicia sub14.

David Moreno venceu nos 60m valos cun tempo de 10.82.

Nuno Castro proclamouse campión no salto de lonxitude sub14 cun salto de 4,93m.

David Moreno foi prata na pértega chegando ata os 2.02m.

Nuno Castro, bronce nos 60m sub14 cun tempo de 8.07.

Mateo Dagnac foi quinto en triple (8.77m) e oitavo en lonxitude sub14 (4,27m). Laura Sanz, quinta en 60m sub14 con 8.62, e o sub12 Daniel García, quinto en peso con 7.17m. Jorge García foi oitavo en 60m valos (11.93), con 8.72 nos 60m sub14.

Bos resultados tamén para Sabela Jallas (9.66 en 60m sub14 e 12.08 en 60m valos), Carlos Álvarez (8.78 en 60m sub14), Olalla Gil (9.21 en 60m sub14), Nadir Moreira (9.20 en 60m sub14), Zoe Antonetti (9.62 en 60m sub12), Nicolás García (13.74 en 60m valos) e Xoel Vázquez (10.06 en 60m sub12).

Campionato de Galicia sub16 en Pista Cuberta – 2021

Éxito para @s participantes no Campionato de Galicia sub16 de Pista Cuberta celebrado o 13 de marzo na pista de Expourense, no que tod@s melloraron ou igualaron as súas marcas persoais.

Ouro para Noel Ferraces no salto de altura con 1.65m (MMP)

Doblete en lonxitude: Prata para Alejandro Jiménez (5.44m) e bronce para Noel (5.42m) ambos MMP. Alejandro quedou a 17 centésimas do podio en 300m, sendo cuarto nesta proba con 39.32 MMP.

Prata para Álvaro Francos na pértega con 2.84m MMP

Bronce para Lucas Dagnac no triplo salto con 11.29m MMP

A única representante feminina, Irene Rodiles, correu en 8.91 na súa semifinal de 60m. Os que se estreaban na categoría melloraron tamén as súas marcas: Pablo Cariñena 7.89 na súa semifinal de 60m, quedando sétimo na final, e 9.02m en peso, tamén sétimo. Álex Cabo quinto en peso con 9.39m, e 8.11 na súa semifinal de 60m, Lucas Pena sétimo en triplo con 10.34m. Pablo Leiva oitavo en peso con 8.40m

Reseña no xornal El Correo Gallego